Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

10/12/08

Se non saben como arranxalo...

Hoxe, Día dos Dereitos Humanos, tamén queremos falar dos Dereitos da Terra. E para isto traémosvos unha lembranza:

O 3 de xuño de 1992, Severn Suzuki, de 12 anos, fixo enmudecer os mandatarios de Nacións Unidas presentes no Cumio da Terra de Rio de Janeiro. O seu discurso, sinxelo e directo, puxo os políticos antes ás súas propias contradicións. As súas palabras seguen estando de actualidade.
"Eu son só unha nena e non teño solucións, pero quero que se dean de conta: vostedes tampouco as teñen. Non saben como arranxar os buratos na nosa capa de ozono. Non saben como resucitar unha especie extinguida. E non poden recuperar os bosques quen antes medraban onde agora hai desertos.
SE NON SABEN COMO ARRANXALO, POR FAVOR, DEIXEN DE ESTRAGALO".

Se premedes aquí, poderedes ler o discurso completo en castelán.




Vía Fogonazos


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.