Xa sabedes que a min o fútbol nin me vai nin me vén. Hai un tempo, noutro blogue, lembro que vin este vídeo que tiven gardado un tempo para colgar. Logo perdino. E como volvín atopalo, decidín que xa era hora. Tamén hai que lembrar que o meu compañeiro blogueiro vai ter sentimentos "cruzados" cando o vexa. Digo eu.
O Athletic de Bilbao doou material deportivo a unha ONG chamada Coopera que traballa con nenos do Congo. Estes quixeron ter un detalle co club e, sen pensalo, fixeron o mellor anuncio publicitario que ningún club de fútbol tivo nunca. Creo.
Vía
1 comentario:
Pos a verdade si que e un anuncio moi emotivo porque os nenos deronlle as grazas dunha maneira fenomenal.
Publicar un comentario