Ultimamente lemos debates sobre o feito de ler en pantallas e os novos modos de "impresión" dos libros. Agora chega até nós a iniciativa de Juan José Díez: a Webnovela. Este autor, a partir da súa obra Don Juan en la frontera del espíritu creou un weblibro que aproveita os recursos de hipertexto, multimedia e conexión á web para ilustrar unha novela histórica. Na versión flash trata de simular as prestacións e aparencias dun libro en papel.
Ao estar conectada á rede podemos elixir lela dun xeito tradicioanl, atendendo exclusivamente ás liñas escritas, ou aproveitar as ligazóns e navegar pola rede tendo como base a obra, e acceder así a fotografías históricas, sons reais, música, webcams, textos antigos, información sobre personaxes e feitos históricos...
Vía Comunicación Cultural
Sen comentarios
Publicar un comentario