Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

05/01/09

Agasallar libros


Época de agasallos. O mellor agasallo: un libro. Se é un libro galego, o mellor do mundo. Xa vos falei da campaña da Consellería de Cultura con esta fin: "A cultura que facemos". Ademais, xornais e institucións, así como bibliotecas, fan unha contundente selección de lecturas para que nunca teñades que dicir "non sei que regalar". Eu, pola miña parte, téñoo moi claro. Se premedes na palabra "bibliotecas" iredes directamente ás recomendacións que diferentes bibliotecas escolares nos achegaron este nadal: aquí tedes libros en galego e en castelán. Se vos fiades dos meus gustos, podedes premer no lateral e Libros levaravos directamente aos libros lidos e recomendados por min nos últimos tempos (faltan moitos, claro). E se preferides ir máis aló, déixovos as seguintes ligazóns con recomendacións moi interesantes:
En No sólo libros tedes as recomendacións recollidas de El Mundo: poesía, literatura xuvenil, historia... onde escoller.
Escuela de escritores mándame ao correo unha "Guía navideña para acertar regalando libros 08". Fan unha clasificación moi especial, cheguei a sentirme máis papá ca mamá.
En O recanto de Mik fálannos da selección feita pola Fundación Germán Sánchez Ruipérez con 40 títulos -infantís e xuvenís- destacados do ano que pronto remata.




Que os REIS veñan, pois, cargados de libros. E de sitio onde gardalos, problema grave ao que me enfronto!

1 comentario:

Anónimo dixo...

interesantes recomendaciones. gracias

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.