Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

04/01/09

Sospecha

Novamente, unha incursión na literatura nórdica da man dunha das damas do crime, Helen Tursten, co seu libro Sospecha, creo que o único traducido ao español. Como vén sendo habitual, uns nomes imposibles fan que a lectura sexa máis lenta, pero a trama está ben construída e vaise complicando desde o primeiro asasinato para facer máis interesante a lectura. A inspectora protagonista é Irene Huss, que non alcanza a profundidade á que estamos acostumados noutros autores. Hai que engadir que o libro está moi mal traducido, con erros evidentes e frases mal construídas. Aínda así, é unha lectura que atrapa pola complicada relación que se establece entre os personaxes, as continuas vítimas e un desenlace totalmente inesperado.
Recomendábel para pasar un tempo de lectura inmiscida entre criminais. Pero desde o meu punto de vista, un pouco lonxe doutros libros nórdicos negros e criminais dos que xa vos teño falado.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.