Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

18/01/09

Gaza en directo

O doutor Izz el-Deen Aboul Aish en directo nunha televisión israelí esixiu desesperado respostas pola morte das súas fillas e sobriñas da súa vivenda de Gaza. A dramática conversa con Abu Al Yesh conmocionou aos telespectadores. O doutor colabora desde Gaza cos medios israelís. Shlomi Eldar, xornalista israelí, amigo de Abu El Yesh, chamou para parar o ataque e enviar unha ambulancia, logrou mobilizar ás autoridades israelís e toda a familia foi trasladada a Israel.
Os palestinos con contan con ese tipo de axudas.




O fotoperiodista Mohammed Abed estaba no patio dunha escola da ONU cando un proxectil israelí estalou e os fragmentos incandescentes caeron sobre as pistas deportivas do colexio.










Vía Islas Cíes e La Huella Digital

1 comentario:

Anónimo dixo...

Pareceme moi inxusto o que esta a ocorrer en Gaza. Creo que alomenos poderian respectar a vida de nenos e nenas inocentes que non teñen ningunha culpa nin comprenden o que esta a ocorrer.




Sara

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.