Resulta anecdótico asistir pola mañá a unha manifestación pro-Palestina e pola tarde chorar ante unha película, baseada en feitos reais, sobre uns xudeus que se defenden do nazismo como poden e sobreviven a aquela barbarie. Pouco o nada aprendemos do pasado, un pasado non tan afastado. Cantas obras de arte, cantas novelas, cantos poemas, cantos filmes, cantos cadros... ten xerado o nazismo? Ocorrerá o mesmo coa masacre do pobo palestino no futuro?
Resistencia é unha película dirixida por Edward Zwick e protagonizada por Daniel Craig e Liev Schreiber. Non destaca especialmente por ningún aspecto agás o fotográfico, é entretida e profundiza pouco sobre a miseria humana; desenvólvese case todo o tempo nun mesmo lugar, neste sentido é un tanto claustrofóbica, e céntrase no valor de catro irmáns por primeiro, fuxir, e logo axudar a un montón de xudeus que foxen da morte segura dos campos de concentración. Un documento máis sobre a barbarie daquela época.

E como do que estamos a falar é precisamente deste pasado inmisericorde protagonizado polos xudeus vítimas cun presente inmisericorde protagonizado polos xudeus verdugos, deixámosvos estas imaxes de Rodolgo Walsh que Charo tan amablemente nos proporcionou:
.
1 comentario:
Encollese o corazon mirando estas imaxes. Unha vez máis confírmase que valen máis que mil palabras.
Publicar un comentario