Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

04/01/09

Paz a través da música

Playing for Change é un movemento multimedia creado para buscar a paz no mundo a través da música proporcionando recursos ou programas educacionais. A escola de música Ntonga en Sudáfrica ou os centros de refuxio tibetanos na India e no Nepal son algúns dos proxectos que esta fundación está a levar a cabo coa colaboración dun gran número de artistas.
Na primavera deste recén estreado 2009, sairá a venda un CD-DVD de título "Peace through Music" no que se deixará constancia de actuacións realizadas por músicos da rúa en varios puntos do planeta nos últimos meses. Deixámosvos como exemplo este vídeo do coñecido tema “Stand by me”:


Máis información: Playing for change

2 comentarios:

Anónimo dixo...

que bonito. si señor.

Mario Aller dixo...

En Contomundi tamén lemos este blog. Un saúdo...

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.