Con esta última lectura, John Connolly pasa a ser un dos meus escritores predilectos de novela negra. Perfil asesino atrapoume desde a primeira páxina ata a última, aínda que tiven que superar o rexeitamento que me producían as escenas con arácnidos. Creo que é dos mellores libros de novela negra que teño lido -e xa sabedes que levos uns cantos-. Indubidablemente, un nome para lembrar neste xénero.
Sen ler as novelas anteriores sabemos que lle ocorre ao protagonista-detective privado: hai bastantes referencias a esas accións anteriores. O seu nome, Charlie Parker ("Bird") fai clara alusión ao jazzista e é el quen conta a historia. Sabemos como se vai recuperando da perda dos seus seres queridos -ocorridas en novelas anteriores- e mesmo como se vai superando a si mesmo. Resaltan tamén os axudantes do detective: dous criminais gays, que fan máis atractiva a historia que axudan a manter conversas case histriónicas e sarcásticas. É dicir, estamos ante protagonistas de carne e óso, non ante exemplaridades. E os asasinos son do máis peculiar e chamativo: o mal en estado puro. Con referencias bíblicas incluídas.
Un libro que ocupará un lugar preferente nos meus andeis de novela negra e que vos recomendo vivamente.

Sen comentarios
Publicar un comentario