Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

10/01/09

Sálvate, Elías!


Un precioso libro sobre unha triste historia ambientada na Segunda Guerra Mundial editada por Kalandrada: Sálvate, Elías! de Elisabeth Brami e debuxos de Bernard Jeunet con esculturas de papel e cartón. Deses libros que volves a eles para, simplemente, contemplalos, porque a historia queda na memoria. A tristura da guerra, da infancia perdida, dos ollos inocentes que non comprenden as monstrosidades dos adultos nin o por que das guerras nin das separacións.

Un libro recomendábel para todas as idades.

Resulta curioso falar hoxe da infancia xudía cando estes parecen ter esquecido as atrocidades daquela época para cometelas agora con Palestina. A historia non nos ensina nada?

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Un libro precioso e conmovedor

Lexis dixo...

Pareceume un libro moi preciso e conmovedor=)

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.