Hoxe, tal como vos comentabamos no anterior post, ocupamos o centro con información sobre o conflito entre Palestina e Israel. Reitero o dito: sentinme moi orgullosa destes dous alumnos que tomaron a iniciativa e foi un pracer ver a resposta da maior parte do alumnado, con silencio, con respecto. Un deses días que fai adorar máis a profesión. E volvo dar as grazas ao meu socio blogueiro: realizou un traballo estupendo.
Deixámosvos aquí os textos: a maior parte son aportacións dos blogues que lemos cada día ou son pistas que nos deixan para achegármonos a outros textos: Brétemas, Islas Cíes, Migramundo, Bajo el Signo de Libra. Perdoade se esquecemos algún. E grazas a todos eles por enriquecernos. As imaxes son de Eneko e de La Estrella Palestina.
1 comentario:
Parabéns e grazas polo voso traballo. Por favor, achegádelle tamén o recoñecemento ao alumnado.
Unha aperta.
Publicar un comentario