Supoño que a fe no ser humano maniféstase en determinados e pequenos momentos, que non fai falla moito máis para volver a percibir que, por fin, non predicamos no deserto. Iso, cando menos, foi o que sentín cando dous alumnos de 2º de Bacharelato dirixíronse a min -ou redirixíronse- porque "querían facer algo por Palestina" e solicitaban a miña axuda. Creo lembrar que dende o Prestige non me pasaba isto. Recoñezo que me sinto moi orgullosa e honrada. Tamén declaro que se non chego a ter o meu anxo da garda de lado, que se pasou non sei cantas horas diante do ordenador, este vídeo non sería posíbel. Pero aquí está. Hoxe proxectarémolo no recreo, haberá poesía, información e un minuto de silencio. E aínda que axudemos, serán eles os que gobernen, que é que máis me enche de satisfacción. Cando onte percorreron as clases explicando o por que, observaron que o alumnado era un gran descoñecedor do conflito. Vaia, por uns minutos souberon como nos sentimos!
Vías (para a edición do video): Imaxes; Videos; Poemas; Poemas; Información
Por suposto, se alguén quere o vídeo, non ter máis que solicitárnolo por correo electrónico.
5 comentarios:
Parabéns por esta fermosa iniciativa, pola satisfacción de ver os froitos do voso bo facer, e grazas por compartir con todos nós este estupendo traballo.
Apertas dende Fene
As palabras e xestos da nena do comezo son desoladoras e certamente didácticas: non son cifras, son persoas. Parabéns e ata o domingo.
Unha vez máis, noraboa polo voso traballo.
grazas por compartir este magnífico traballo.
Foi unha iniciativa apoiada polo profesorado, non podiamos consentir e sofrer en silencio esta masacre que estamos a presenciar, eu si que dou grazas a estes blogeiros polo seu apoio!! realizan un bo traballo. Non podemos consentir o que esta a pasar polo tanto e hora de ponher en voz da xuventude do ies pintor colmeiro que non nos calaran, que nn somos parvos nin monicreques e polo tanto, temos palabras para loitar contra a guerra. polos civis, polos nenos, pola xente inocenbte que se ve envolta nela decidimos poñer o berro de xa chegou, xa abonda de sufrimentos.
só queren liberdade, a liberdade dun pobo asoballado. so piden iso!! foi un pracer realizar a actividade e unha honra contar coa vosa axuda, moitas grazas por todo, o merito e voso!!!
un saudo moi forte e a seguir loitando por todo o inxusto deste mundo
Publicar un comentario