Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

22/01/09

Retos matemáticos... e non tanto (XIII)

Imos facer un trato. Como estou preparando a un grupo de alumnos que se presentarán ao Rallye Matemático a finais do mes de Marzo, comprométome a facer esta sección fixa todos os xoves para que (aparte dos incondicionais) tamén poidan participar eles. Polo de pronto, aí vos van tres problemiñas:

Reto 1.- Unha orquestra está formada por 16 xoves, o número de mulleres e superior ao de homes. Unha irmá e o seu irmán, Maruxa e Paco, forman parte desta orquestra. Unha vez que eles faltaron a unha actuación, o número de mulleres e de homes presentes eran a medida dos dous lados do ángulo recto dun triángulo rectángulo no que a lonxitude da hipotenusa está dada por un número enteiro. Cantas mulleres e homes constitúen dita orquestra?

Reto 2.- A un cubo de madeira de 4 cm de lado píntanselle cinco das súas caras. Despois córtase en 64 cubiños dun centímetro de lado cada un deles. Cantos cubiños se obteñen con tres caras pintadas, con dúas caras pintadas, cunha soa cara pintada e sen caras pintadas?

Reto 3.- Lucky Luke colocou 8 cabalos en cada unha das nove cercas. De seguida, os cabalos, paseando libremente, cambian dunha cerca de outra. En certo momento, a cerca nº 2 está baleira, a nº 3 ten 11 cabalos e había o mesmo número de cabalos en cada liña horizontal, en cada liña vertical e en cada diagonal. Nese momento, cantos cabalos había en cada cerca?

Solucións ao reto anterior
Reto 1.- 42951
Reto 2.- 17/06/2345
Reto 3.- 21978 x 4 = 87912

9 comentarios:

Anónimo dixo...

2-Creo que 12...pero non estou eu ala moi convenciada.

Cos demáis vou devagar :d

Anxinho dixo...

querida secre: creo que a túa resposta é incompleta. Fíxate ben que pregunta cantos cubiños hai de cada tipo...

Anónimo dixo...

Se colocamos a cara non pintada cara abaixo parece claro que con tres caras pintadas hai catro cubiños que serían os que fan esquina. Con unha cara os catro que están no centro en cada cara pintada, o sea 20, e con dúas caras habería 32.
Ou eso creo que son moitos cubos de dios!

Anxinho dixo...

ayayay, creo que deberías repasar as túas contas...

Por certo, onde estarán oshidori e bolbor que nos teñen abandonados....

Anónimo dixo...

xa está! catro con tres caras
20 con dúas caras
28 con unha cara
12 con ningunha

espero que ahora vaia ben

E por certo, que dificil é o último. pasácheste

Anxinho dixo...

Vaia... pois si que debe ser que me pasei porque non hai moito movemento jejejeje.
Correcta a túa solución ayayay

seguides pensando?

Anónimo dixo...

Reto 1-
A orquestra está formada por 9 mulleres e 7 homes.

Reto 3-
Os cabalos de Luckie Luke están da seguinte maneira:

13 0 11

6 8 10

5 16 3

Anxinho dixo...

tremenda aparición de Marcos!!! Xa me estaba empezando a mosquear jejejeje

Agardo que Oshidori e Bolbor regresen a casa...

Anónimo dixo...

Pois xa non me queda máis que confirmar os resultados... e darlle os parabéns a estes pensadores, claro.
Saúdos para tod@s.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.