Un correo alarmante... agora estamos nun momento en que parece ser que no noso país só se pode falar galego (?) e esta fin de semana hai unha manifa para loitar polos dereitos do castelán, tan mermados, disque, ultimamente.
Así me chegou xa varias veces:
O LADRÓN DE PALABRAS.
De Séchu Sende “Made in Galiza”, Ed. Galaxia.
Era un país hai moito tempo no que as palabras eran valiosas como o pan ou a auga, como en todos os países do mundo.
Un día chegou un estranxeiro e parou a falar cunha muller nun camiño. Aquel home levaba un coitelo ao cinto e un dente de ouro. Estiveron falando e falando e, nun momento dado, o estranxeiro fixo así coa man e rouboulle unha palabra á muller e saltou ao cabalo e marchou a galope.
O ladrón de palabras seguiu galopando até que chegou a unha aldea. Alí entrou nunha pousada e púxose a falar cun médico que viña de curar a un enfermo. O ladrón sacou unha moeda de ouro e dixo:
- Cámbioche esta moeda de ouro polas tres últimas palabras que acabas de dicir.
O médico dixo que non, As palabras non son miñas, que son de moita outra xente. Mais o ladrón de palabras agardouno no bosque e púxelle na gorxa o coitelo e rouboulle aquelas tres palabras sen perder o sorriso dourado.
Ao día seguinte o ladrón chegou a unha cidade e entrou nun pazo. Nunha man levaba unha bolsa con ouro e noutra, unha bolsa con palabras. Díxolle ao señor mostrándolle o ouro:
- Mércoche todas as palabras que pronunciaches hoxe.
- Non –dixo o nobre-, as plabras non se venden.
Mais o estranxeiro ameazouno co coitelo e rouboullas unha a unha.
Máis adiante, o ladrón de palabras asaltou a un home que viaxaba a cabalo. Era un poeta especialista en cancións de amor. O ladrón sacou a daga e díxolle:
-As palabras ou a vida.
O poeta respondeu:
-As palabras non son miñas, son do meu pobo. Eu nunca as vendería.
Mais o ladrón de palabras foi contra el e arrincoulle as palabras do corazón.
Axiña correu a voz por todo o país de que lles estaban roubando as palabras. E moita xente botou man das armas para defendelas. Cóntase que, de entre toda a xente da vila, os que mellor protexeron as palabras foron os labregos coas gadañas e as fouciñas, e os mariñeiros, cos coitelos e os arpóns. E que as mulleres máis valentes as escondían nas faldriqueiras ou nas camisas de liño.
Mais o ladrón de palabras continuou roubándolles as palabras mesmo ás nenas que aprendían a ler e aos nenos que ían mercar zapatos. E aos mestres nas escolas e aos avogados que sabían de leis. E pouco a pouco aquel país seguiu perdendo moitas das súas palabras e foise facendo día a día cada vez máis pobre porque era o país ao que lle roubaban as palabras.
Dise que a xente para protexer as palabras e gardalas en segredo mesmo as deixou de escribir. E que por medo ao ladrón de palabras moitas persoas, desconfiadas, durante séculos só pronunciaban as súas palabras coa familia ou entre a xente amiga.
Así pasaron os anos e cóntase que naquel país aínda hai xente que segue tendo medo do ladrón de palabras. E hai quen di que ás veces o ladrón segue aparecendo nunha parada de bus ou nunha floristería uo nunha escola cunha bolsa e un coitelo e un sorriso cun dente de ouro.
ESTA FIN DE SEMANA HAI UNHA MANIFESTACIÓN EN COMPOSTELA DA SANTA COMPAÑA DA LINGUA. SE TE CRUZAS CON ELA DÁLLE AS COSTAS E MÓSTRALLE O TEU REXEITAMENTO!!!!.

3 comentarios:
E máis o carallo!! coas ganas que teñen de darnos polo...!!
Que vergoña o que aconteceu hoxe en Compostela. Que rabia tanta ignorancia e hipocrisía xunta!!Pero non impotencia, non deixaremos que nos sigan roubando palabras.
Manifestación de qué? Hoxe na Voz en dúas páxinas non se fala nada da entidade da mesma, so se fala de ALTERCADOS, REPRESIÓN POLICIAL, FUNDAMENTALISTAS QUE REBENTAN... Nada do contido da manifestación, non debe haber moito que falar.
Publicar un comentario