Crepúsculo de Stephanie Meyer é un libro moi coñecido e agora aínda máis pola película que se fixo del. Eu primeiro vin a peli, e como me chamou tanto a atención decidín ler o libro, máis ca lelo devoreino, porque engancha dun xeito...
Encantoume porque me fixo sentir coma se eu fosa a protagonista, sentín o mesmo ca ela e fun a protagonista desa historia de amor. Hai partes moi románticas, que mesturándose coas fantasías fan que o libro sexa delicioso.
Gustoume absolutamente todo do libro: a historia, os personaxes, todo.
Luna Nueva de Stephanie Meyer foi a única opción posíbel despois do enganche do anterior libro: quería saber máis, quería saber que pasaría con esa perigosa historia de amor. Este libro non me gustou tanto coma o outro, quizais porque case non aparece un dos protagonistas do anterior libro, Edward, quen constitúe o home ideal e non podes menos que namorarte del desde que comezas a lectura da saga. Recoñezo que devorei este libro co anceio de saber cando aparecería Edward. Coma sempre, o amor triunfa e remata ben o libro
Estes libros enganchan de marabilla e eu recoméndoos.

2 comentarios:
Eu tamén vin a película e aínda que a min o mundo dos vampiros e todas esas cousas non me chista demasiado, recoñezo que me gustou moito, pero aínda non tiven o gusto de ler ningún libro.
Eu tamén vin a película e a verdade e que me esperaba máis dela. Pódese decir que me decepcionou un pouco xa que según o que decía a xente do libro parecía moi boa! aínda que tamén é verdade que os libros son moito mellores que as películas asique ao mellor anímome a ler algún libro..
Laura.
Publicar un comentario