Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

21/03/09

Día da Poesía

Hoxe é un Día especialmente fermoso. Non se trata de loitar contra algúns dos males que nos arrasan constantemente, senón que se trata de lembrar que existe algo tan fermoso como a palabra poética, ese xeito de transmitírmonos que nos fai máis humanos, máis febles, máis fortes, máis pequenos, máis grandes...
É difícil seleccionar poemas. O outro día vin no blogue da Biblioteca Pino Manso un poema de Mario Beneditti, e seleccioneino automaticamente. Teño que dicir que unha das miñas alumnas lectoras é unha fan incondicional del, ademais de ser fiel seguidora do blogue, polo que é unha boa ocasión para traelo ata aquí:



O Día Mundial da Poesía foi proclamado pola Conferencia Xeral da UNESCO no ano 2000. O obxectivo é dar apoio aos poetas máis novos, recuperar a tradición oral e reforzar o vínculo entre a poesía e as demais artes, reivindicándoa como unha forma esencial da cultura.
Hoxe, especialmente, abride un libro, buscade un poema, sentídeo, disfrutádeo, agasalládeo... deixade que a poesía fale e abride os vosos oídos, eses que tantas veces lle pechades.


2 comentarios:

Anónimo dixo...

Si paramos a pensarlo, todo es y en todo está la poesía

Anónimo dixo...

:D

Encántame ese poema...aínda o andiven pasando pola clase a semana pasada nunha especia de presentación feita a man en post-its, posites como di algún.
E escribino tamén no encerado..

Precioso.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.