Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

22/03/09

Festina lente


Un erro gravísimo cometín cando acometín a lectura deste libro: deixalo na aula de 3ºD para lelo canda o alumnado, neses minutos non diarios que dedicamos á lectura. Polo que o tempo se fixo moito e a lectura pesada. Agora aprendín: ler na aula libros de lectura máis doada e máis curos, sobre todo banda deseñada.
E é que Festina lente, de Marcos Calveiro, é un libro de novela histórica ambientado na Compostela dos seculos XVI e XVII, moi interesante pois fala de códices, manuscritos, amor aos libros, en resumo. E de censuras. Podemos pasear devagar polas rúas compostelás daquela época, afogar nesa atmosfera asfixiante de intrigas catedralicias e respirar o aire mesto que nos dá un léxico rico e misteriosa trama. Se vos gustan este tipo de historias, aquí tedes unha máis para disfrutar.


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.