Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

22/03/09

La soledad de los números primos

EN-CAN-TOU-ME!!!


Esta miña última lectura (devoreina, literalmente), libro que está a arrasar na actualidade, vai ser unha das miñas recomendacións máis duradeiras.
La soledad de los números primos
de Paolo Giordano deixa no corpo a tristura da soidade máis recalcitrante, o anceio de desexar un mundo mellor (eses finais felices de Walt Disney) e a mágoa por que o libro non sexa máis groso. Porque a novela fala da soidade, sobre todo, pero plantexada desde unha especie de plantexamento matemático (vaiche encantar, querido Anxo!) que non deixa lugar a dúbidas sobre o desenvolvemento da acción. Vaia, algo así como a álxebra das emocións. O tormento dos protagonistas resulta ser tan atractivo que a sintaxe dos números convértese en poesía nas súas páxinas. Porque tal como afirma o autor "mesmo co acelerador de partículas pódese facer poesía". E é que o autor fainos amar ata as matemáticas, porque as referencias cientifícas non son nin espesas nin casposas.
Non deixedes de achegarvos á esencia da soidade. Garantido.


3 comentarios:

Encarna dixo...

Grazas pola suxerencia.Tomarei nota,ten moi boa pinta.
Un saúdo.
Encarna.

Anxinho dixo...

Vaaaaaleeeee....cando mo pasas?
(o peor disto é que estou seguro de que terás razón, e encantarame, co conseguinte recochineo diario, claro)
bicos

Anónimo dixo...

Mercareino.....pero por aquí aínda estamos coñecendo a Fred Vargas, con Murakami esperando debaixo de "Sabor a chocolate".........non sei como facedes @s deste blogue....!!!

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.