Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

20/03/09

Non á violencia contra as mulleres (LXXVIX)

O cantante Huecco e a Fundación Mulleres veñen de tirar unha campaña contra a violencia machista co lema "Nos duele a todas. Nos duele a todos", baseada no vídeo da canción Se acabaron las lágrimas, cantado a dúo con Hanna. Nel participan representantes da vida social e política española, desde a Ministra de Igualdade, Bibiana Aído, a escritoras como Carmen Posadas, xornalistas como Juan Ramón Lucas, Susana Griso, Angels Barceló, Iñaki Gabilondo, Hilario Pino, e a actriz Pilar Bardem.

Huecco - Se Acabaron Las Lágrimas




Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.