Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

20/03/09

El caso Tuláyev


El caso Tuláyev de Víctor Serge é un agasallo para reflexionar sobre a manipulación da realidade que detenta o poder. Resulta tremendo ler as súas páxinas para situarnos nese mundo da Rusia de principios de século onde os arribistas eran quen de ir rematando cos anteriores, nunha sucesión de cambios de poder automática e impredicible, unha loucura que nos ilumina sobre os erros históricos da revolución que non deberían terse cometido, extrapolables a calquera outra sociedade polo que significa de conflito universal. Hai unha multiplicidade de voces e escenarios, diversos tipos humanos levados por un mesmo absurdo que é, finalmente, o protagonista da novela. Un absurdo que nos converte de vítimas a verdugos ou viceversa, segundo a ocasión, xa que o ideario político é difícil de manter.
Un caso de manipulación política levada ao extremo.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.