Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

24/04/09

Coraline

Xa que onte foi o día dos libros, hoxe vai ser día de colgar as miñas últimas lecturas en xeito de banda deseñada. Se antes falamos de "A la sombra de las muchachas en flor" agora turno para Coraline, baseada na novela de Neil Gaiman, adaptada e ilustrada por P. Craig Russell cuns debuxos preciosos e unha coidadísima edición que fará as delicias, creo, dos adolescentes, posto que me parece unha lectura moi propia para eles, máis que para min, porque estas historias medoñentas -ou terroríficas- non adoitan gustarme. Como aliciente, o filme estrearase axiña na nosa terra.
Un conto do século XXI no que unha nena, aburrida, decide cruzar unha porta da súa casa para topar un mundo paralelo onde deberá loitar por aquilo que realmente ama e onde descubrirá o seu propio valor.
Non sei como é a novela orixinal, pero o traballo do ilustrador paréceme xenial: os debuxos, as cores, é un libro fermoso que consegue esa inquedanza que procura no lector tanto polo texto como polos trazos.
Creo que paga a pena botarlle un ollo: para os que non sodes moi lectores deste xénero, pola diferenza e a presentación, e para os que sodes, pola temática simplemente.
Déixovos un adianto da adaptación cinematográfica. Xa me contaredes.




1 comentario:

Cristina Ares dixo...

Eu lin esta novela xa hai uns cantos anos, pero recordoa como se a lese onte mesmo, porque me encantara. Regalaranma os Reis Magos.
Se tedes oportunidade non perdades de lela.
Haberá que botarlle unha ollada a banda deseñada, apesares de que amin non me convence moito.

Un bico.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.