A miña última lectura e proposta de novela negra vén agora do sur, do M
editerráneo, da man de Petros Márkaris, famoso que aínda non chegara ás miñas mans. Teño que dicir que chega para quedar, porque me parece fantástico.
Esta novela, Defensa cerrada, parece que é a segunda da serie policíaca protagonizada por Kosas Jaritos, un antiheroe de ideas politicamente incorrectas que nos ofrece o retrato do cotián en Grecia, incluída a súa vida persoal, casado cunha ama de casa que podemos maxinar perfectamente polos detalles que dela nos conta. Tanto, que a vida persoal deste home ten case tanto peso como a intriga na novela, centrada en dous asasinatos aparentemente inconexos entre si. Un detalle simpático: o protagonista le dicionarios. E unha continua ollada sobre os albaneses, algo que chama a atención.
Ademais, unha ollada sobre o devir ateniense: a calor, a choiva, as continuas folgas, o tráfico imposible... unha visión que cadra perfectamente coa realidade desta cidade.
Unha novela con toques de humor e cinismo que a afastan das lecturas de novela negra escandinava á que tanto gusto collín ultimamente.
Un boa lectura, amena, se es fan deste xénero. Márkaris pasa á miña lista de autores policíacos.

1 comentario:
Hoxe comezarei aler Noticias de la noche, a ver que tal me cae o Jaritos, todos decides que é un personaxe de culto.
Cánto tempo!
Publicar un comentario