Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

30/04/09

Prexuízos lingüísticos

Traio desde A Tabarra Dixital este interesante estudo dos prexuízos que vivimos desde os tempos de Ramón Piñeiro.
A lingoaxe i as lingoas, o discurso de ingreso de Ramón Piñeiro na Real Academia Galega (1967), pode considerarse o texto co que se inicia a formación da sociolingüística galega. Nel introduce nocións fundamentais, entre elas a de prexuízo. Este controvertido intelectual, ao que se homenaxea este ano nas Letras Galegas, analiza a asociación do galego cos grupos desfavorecidos e do castelán cos dominantes, así como os efectos psicolóxicos que provoca esta situación.
Un dos prexuízos que recolle e segue en boa parte vixente é aquel que identifica, en todas as sociedades occidentais, progreso con homoxeneización cultural, coa conseguinte dificultade para entender que o desenvolvemento pode e debe ser compatíbel coa pluralidade.
É fundamental o feito de que lle outorga un sentido histórico e social ao problema da lingua, entendendo que este afecta á autorrealización da colectividade que a fala. Así, o problema da lingua é o problema do país e a recuperación da lingua a recuperación do país.
Despois disto, unha escolma dos prexuízos aínda actuantes na sociedade galega feita polo seu alumnado de 4º:



Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.