Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

14/04/09

La sonrisa etrusca


A nosa benquerida alumna Andrea Díaz, quen normalmente (si, normalmente) se deixa aconsellar, vén de ler este libro que quedou na miña memoria como unha lectura marabillosa que sempre recomendarei: La sonrisa etrusca de José Luis Sampedro.
Pois ben: parece que nela produciu algún efecto porque agora achéganos o seu parecer para compartilo con tod@s vós e tratar de vos contaxiar o mesmo entusiasmo que agora ambas compartimos.
Ela di así:

Xenial. Precioso. Emocionante final que se ía elaborando na miña mente mentres lía como o neno berraba "¡no-nno!". Creo que o final é xenial e que é o mellor punto final para unha historia tan bonita e tan ben contada.

4 comentarios:

Cristina Ares dixo...

Sen dúbida algunha, o libro é marabilloso. Unha historia fantástica que te engancha dende as primeiras liñas.

Ernesto dixo...

Teño na man "La vieja sirena" e "La sonrisa etrusca", o primeiro lino no 97 e o segundo no 2000. Historias e estilos distintos que che quedan dentro. Sen dúbida é literatura da de disfrutar!

Sampedro!

Susana dixo...

O bo deste libro é que te mete na pel dunha persoa maior e che fai ver o mundo baixo o seu punto de vista...
Estou dacordo contigo Andrea, é xenial.

Lorena Bibián dixo...

A min encantoume este libro debido a que contén unha historia marabillosa e que dacordo con Cristina engancha dende o primeiro momento. Non dubido en recomendalo.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.