Xenial. Encantoume este cómic do autor francés Pascal Rabaté, que mereceu o premio da crítica francesa ao mellor cómic no ano 2007.
Río abajo fálanos da vida, desa costa abaixo que esta significa, de como tentamos recuperala antes de que sexa demasiado tarde. E ademais, recoñecendo que a vellice pode darnos unha nova oportunidade. Indicativa a portada:
Despois disto, que podemos agardar? Tenrura, sexo, paixón, humor, emocións... e optimismo. O sexo non debe ser un tabú para as persoas con idade, e o amor non está pechado para elas: iso é o que se desprende coa súa lectura.
É unha obra chea de optimismo, cuns debuxos con trazos sinxelos e vigorosos, cheo de calidez humana, que semellan esbozos dentro de encadres funcionais ao seren esquemáticos. Lonxe do Arrugas do que xa vos falei, pero con algúns puntos en común.

sex: se hará lo que se pueda
drug: sobre todo contra el colesterol
rock'n'roll: se me da mejor la gaita.

3 comentarios:
boa pinta ten, a verdade
Lino onte, é unha obra maestra!! xa non te lembrarás pero ás viñetas de cando se fai o encontradizo o protagonista e os ciclistas cheos son boísimas. Compreino hai meses porque cho vin aquí!!
Thank you!
Alédame que che gustase. Eu téñoo entre os meus preferidos.
Publicar un comentario