'Zona pechada' é una curta dun dos creadores da película de animación Vals con Bashir que describe o bloqueo da franxa de Gaza dende hai máis dun ano. O protagonista, un neno que persegue un paxaro, decátase pronto de que, en realidade, está atrapado. Non pode saír da empobrecida franxa cara a Cisjordania. Tampouco pode fuxir en barco e, cando tenta cruzar o paso de Rafah con Exipto, as autoridades non llo permiten. Caen as bombas pero el non atopa refuxio e tan só pode correr sen rumbo determinado.
En tan só 90 segundos, Yoni Goodman, director da curta, consegue a empatía dos espectadores e mostra aos residentes de Gaza "como o que na realidade son: un millón e medio de seres humanos aos que se lles prohíbe perseguir as súas aspiracións porque teñen todos os seus movementos absolutamente limitados". "Espero que cando a xente vexa a curta, sexa quen de esquecer as asociacións automáticas sobre o ben e o mal", di Godman, que creou a curta para unha ONG israelí, Gisha, que traballa pola liberdade de movemento dos palestinos.

Vía Mesturas
Sen comentarios
Publicar un comentario