Como sabedes, andamos estes días a tope organizándonos para loitar pola nosa lingua, creando unha Coordinadora Galega de ENDL... Vemos en Brétemas este manifesto que vén a nos apoiar e nos podemos deixalo pasar: cantas máis voces sexamos, mellor será: hannos cumprir todas.
Un grupo de galegos, asentados a maior parte deles en Londres, promove o manifesto «O galego é útil» coa intención de desmentir, dende a súa experiencia no extranxeiro, o mito de que «o galego non vale para nada» ou «serve só dentro de Galicia». Reproducimos o texto dun manifesto moi interesante:
Todos os idiomas valen e para moito.
A nós, o galego foinos útil e segue séndonos útil nas nosas vidas e aventuras polo mundo adiante:
1. O galego facilitounos a aprendizaxe doutros idiomas: fíxonos máis sinxela a comprensión oral e escrita doutras linguas, axudounos a identificar e pronunciar noutros idiomas sons que non existen en castelán e facilitounos a aprendizaxe de novas estruturas gramaticais.
2. A capacidade de falar galego fixo posible que nos comunicáramos con cidadáns de Portugal e Brasil (entre outras nacións posibles, que xuntas suman unha poboación de arredor de 200 millóns de persoas).
3. No estranxeiro, o feito de falar galego e polo tanto comprender o portugués deunos unha vantaxe competitiva frente a outros traballadores, xa que a nivel internacional o coñecemento de idiomas sempre é un bonus, sexa a industria que sexa.
Por estas tres razóns prácticas, concluímos, sen ningún tipo de dúbida, que o galego tamén é útil fóra de Galicia. Que non che quenten a cabeza dicindo que non.
Londres, 1 de abril de 2009
Queres asinar o manifesto? Entón envíanos unha mensaxe indicando o teu nome e se podes engade tamén a túa testemuña.
Este é un dos camiños para desmontar moitos dos prexuízos que abafan hoxe o futuro da lingua. Axudádenos tod@s.

1 comentario:
acaba de pasarmo un compañeiro, e a verdade que é moi boa a visión dende o exterior, por que dende aqui a cousa esta pior que nunca. Eu son profesor de secundaria e galegofalante, e traballo nun colexio privado, e estou acurralado linguisticamente falando, con ameazas sutis....de momento, pero reais para o curso que ven, xa que moitos socios da tan soada asociación "Galicia bilingüe", son pais e nais de alumnos do meu centro e xa nos advertiron de que falar en Galego nada.....que queda do meu dereito como cidadán deste pais?, o recolle a Constitución e o Estatuto?????
Eu vou loitar ca palabra, por suposto
Publicar un comentario