Achégovos o correo que recibín. Creo que interesante que o leades:
Estou con Pallas@s en Rebeldia por Palestina na Caravana 2009. Somos dous pallasos, Iván Prado e eu, un cámara, Edu, e unha traductora galaico-palestina, Laila. Esta é a viaxe máis intensa que fixen ata agora; pola situación límite que vive o pobo palestino, polo desprezo e humillación que practican os soldados xudeus (cos cales nos cruzamos nos checkpoints) e pola humanidade e dignidade das persoas que atopamos e nos acolleron e acollen no noso camiño. Agora mesmo estamos en Nablus (acabamos de escoitar un F16!), unha cidade chulísima, rodeada por CATRO bases militares (unha delas con ONCE cabezas nucleares), xa que este é un lugar estratexicamente ben situado para alcanzar a países como Irán. Os soldados baixan á cidade vella polas noites arbitrariamente. É moi perigoso andar pola rúa a partir das 12 da noite, dixéronnos que se ven xente pola rúa poden disparar sen problema ningún. Hai 2 anos a situación era moito peor. Os soldados baixaban todas as noites e entraban nas casas, rompendo todo, roubando portátiles, xoias, móbiles... Contounos un dos nosos amigos que nunha ocasión meteron a todas as persoas dun edificio na habitación dunha casa (nenos, mulleres e homes), unhas 30 persoas, e comezaron a disparar polas fiestras desde a habitación cara á rua, para chamar a atención da resistencia, a xente empezou a berrar e os nenos a chorar. O noso amigo non resistiu a situación e agarrou a un soldado e pegoulle, colleron o noso amigo, levárono á rúa e déronlle unha paliza. Esta era o clima constante e diario no que viviron e viven as xentes desta cidade.
Onte pola noite fumos ver o partido Madrid - Barcelona a un bar. Estaba cheo (só de homes) e nunca vivira un partido con aquel ambiente. Cada vez que había un gol montábase un escándalo e o dono do bar apagaba a TV ameazando que se continuaban berrando e aplaudindo apagaba a TV, así pasaba despois de cada gol. Cando camiñabamos pola rúa pasaban coches pitando con bandeiras do Barcelona!! É curioso como nesta situacion de stress permanente esta xente vive isto con esta cotidianeidade. É un dos poucos espazos onde son libres por dúas horas. O mesmo que pasa cando facemos as actuacións e os obradoiros. Nesas 2 ou 3 horas, os nenos viven sendo nenos, incluso a xente adulta que está alí, vive eses momentos coma nenos coa tranquilidade de sentirse libres da ocupación pero tamén dos seus muros interiores.
Por mor do partido de fútbol, regresamos á casa dos pais do noso amigo (onde durmimos en Nablus) màis alà das doce da noite. De verdade que foi o camiño a casa màis angustioso que vivín na miña vida. Fumos en silencio para non asustar às xentes que estaban nas súas casas, e non pensaran que eramos soldados polas rúas. O noso amigo adiantàbase para vixiar que non houbese ninguén. Sentin moita angustia mirando cara ás montañas e esperando que poderían saír disparos de alí, foi unha sensación moi real, e non sería a primeira nin a vixèsima vez.
Agora, mentres escribia todo isto. O noso amigo ensinounos uns videos de cousas horribles que os soldados xudeus fixeron nesta cidade. Amigos seus, familiares seus que agora estàn mortos. El è enfermeiro nunha ambulancia. Cando nos ensinaba estes videos e nos falaba deles, comezou a chorar e pediunos que pararamos de gravar.
Acabamos chorando tod@s.Hoxe, nun rato, marchamos de Nablus a outra cidade màis tranquila.
Este é un link dunha foto que eles colgaron da nosa actuacion no campo de refuxiados de Balata, en Nablus.
http://www.skypress.ps/internal.asp?page=detail&newsID=9737&cat=1PODEDES VER MAIS INFORMACION DESTA CARAVANA POR PALESTINA 2009 EN: www.pallasosenrebeldia.org
Sen comentarios
Publicar un comentario