Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

13/05/09

Con Carlos Portela

Iniciamos a celebración do Mes das Letras Galegas coa visita do escritor de Carlos Portela, quen fixo as delicias do alumnado de 1º de Bacharelato coa súa charla amena sobre as motivacións que o impulsaron a escribir A conta atrás, sobre o significado do Prestige na nosa sociedade, sobre as inxustizas sociais, sobre o traballo na tele, sobre a súa profesión... Por suposto, todos e todas estiveron moi atent@s ás súas palabras, sobre todo cando comezou a falar de "Padre Casares" e o traballo na tele. Xa sabemos que Andrea quere ser actriz, así que desde aquí mandamos a súa foto a Carlos para que a grave na memoria. Que logo non diga "non a coñezo de nada"...



Grazas, Carlos, pola visita.
E grazas á editorial Kalandraka pola oportunidade

13 comentarios:

Carla dixo...

Encantoume a visita de Carlos, non só porque nos explicou cousas sobre os seus libros e sobre a serie que se emite na TVG senón porque nos contou cousas que suceden "detrás das cámaras", é dicir, o traballo que eles realizan para que logo ´nos poidamos velo. E tamén nos contou algunhas maneiras das que el toma ideas para realizar os seus libros e as series.

Foi todo moi interesante.

Cristina Ares dixo...

Non esperaba que a visita de Carlos Portela transcorrera como o fixo, porque sendo sincera pensei que ía ser un coñazo. Pero resultou todo o contrario, xa que foi moi amena, comentounos o que o levou a escribir A conta atrás e a maneira en como o fixo,os problemas que foron surxindo.. que en xeral gustoume, pero como ben di Gracia a nosa atención espertou de cheo cando nos falou sobre " Padre Casares" e o seu traballo como guionista.

Montse dixo...

Gracia si no llega a ser por Loly:
http://osegrel.blogspot.com/2009/05/presentacion-do-dicionario-de.htmlMuchas felicidades.
Unha aperta!

Noelia dixo...

Sinceramente cando lin o cómic pensei que o seu escritor sería por decilo dalgunha maneira "enrevesado", xa que a comprensión do libro me resultara bastante liosa; pero que dicir, todo o contrario. A visita foi moi interesante e Carlos Portela moi simpático!
Agora xa podemos fardar diante dos abós de que coñecemos o guionista do Padre Casares!

Thalía dixo...

A visita de Carlo Portela foi moi entretida y paseino xenial escoitando falar.
Non só por a maneira que tiña de explicar o seu punto de vista sobre algúns aspectos que trata no libro, senón tamén pola ledicia e simpatía que mostraba ao falar con nós.
Pero a verdade é que o que máis me divertiu foi cando falou da serie de "Padre Casares". É unha serie que me gusta moito e ca que me rió moito.
Espero que volva facernos unha visita, porque eu polo menos paseino moi ben con el.

Oshidori dixo...

Paseino moi ben escoitandoo. Foi moi claro e moi sincero en todo o que dixo, nas explicacións sobre o tema do cómic, sobre cómo fai os guións e todo o que nos contou. Quedei abraiada con todo o que nos dixo sobre o que hai detrás dun capítulo dunha serie, ou dunha páxina dun libro, desde logo qué traballazo! Xa vexo que non conta só con ter boas ideas. Espero con ansia a segunda parte de A conta atrás.
Eu de maior quero participar nunha serie e que Carlos Portela me mate, no guión claro, pero cunha morte orixinal!
:D
:D

Xosé dixo...

Pareceume interesante e produtiva a visita de Carlos Portela ao noso centro.Falou do proceso de creación da Conta atrás,tamén repasou o seu actual traballo na TVG.Gustoume moito a visita.

Lorena Bibián dixo...

Paseino moi ben nesa charla, é un dos escritores máis amenos, que máis nos entretubo co que nos tiña que dicir, non só na charla sobre o libro senon tamén sobre as series de telivisións na que el é o guionista. Gustoume moito. E o comic tamén me gustou. Pero nada comparado coa visita do escritor, xa que me gustou moito máis.

Antía Iglesias dixo...

a visita de Carlos Porteala non e que pense que foi a mellor de todas, pero sí unha das mais entretidas, xa que ao contrario que con outros escritores, con el estabamos a tratar co guionista dunha das miñas series preferidas. As súas palbras e historias de ensaios engaiolaron o meu oído ata tal punto de non darme conta do tempo transcorrido.

O seu libro pareceume a auténtica reflexión do naufraxio do Prestige
e do abariciosa que é a xente.

Jose, Ici e Laura dixo...

Pareceunos unha visita moi interesante a deste autor, xa que ademais de adicarse á escritura en cómics, un dos cales limos, tamén nos falou da súa tarefa como guionista de series exitosas na TVG como Padre Casares e Matalobos. A súa charla foi moi activa pola súa parte e o tempo pasóusenos voando. Con esta charla aprendimos moito sobre o mundo da televisión (presupostos, proceso de creación...) e o máis importante, díxonos que non nos debemos fiar da prensa, tanto escrita como televisiva, xa que detrás das noticias sempre hai intereses políticos.

Anónimo dixo...

Gustoume moito a visita de Carlos Portela, sobre toda a parte da charla na que nos falaba como era o "mundillo" da TV.
O comic pareceume moi bonito e ten uns debuxos moi bonitos.
Lino dúas veces xa que a primeira non me chegou para compredendelo na sua totalida xa que daba moitos saltos no tempo.
Parece que tiña un argumento moi interesante.


Sara V.

Adrián dixo...

A min a visita deste home pareceume moi interesante xa que este non se dedica a literatura plenamente, é dicir, o seu verdadeiro traballo é ser guionista de televisión de series como Padre Casares e Matalobos na TVh.E tamén intrigou o proceso que sigueu o libro para chegar ata como está. Para ir concluíndo é dicir foi unha das visitas de aurtores que máis me impresionou

Sonia e Su dixo...

Como ben dixeron os nosos compañeiros, foi unha visita moi entretida e interesante porque non só se dedicou a contárnola historia narrada na Conta Atrás.
A verdade é que xa non nos queda moita máis cousa por contar, agás a nosa espera por ler a segunda parte da Conta Atrás.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.