Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

11/05/09

Crónicas da represión Lingüística


Este mércores pasado inaugurouse en Santiago, na Fundación Gonzalo Torrente Ballester, a exposición itinerante

Crónicas da represión Lingüística

GALICIA, 1936...
unha obra multimedia de XAN LEIRA

«Unha lingua é máis que unha obra de arte: é matriz inesgotable de obras de
arte», dicía Castelao ao valorar a nosa lingua. Coma el, outros entusiastas seguidores dos
precursores galeguistas Eduardo Pondal, Alfredo Brañas, Manuel Murguía, Rosalía de
Castro e Curros Enríquez, ergueron as bandeiras da lingua e da cultura do pobo galego para
reformular un novo rexurdimento lingüístico, cultural, económico, social e político que ficou
salvaxemente esnaquizado polo anticonstitucional Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936.

Acuarela Comunicación coa colaboración de diversas institucións públicas e sociais vai presentar no conxunto do noso país a exposición gráfica e audiovisual sobre a represión lingüística desatada en Galicia a partir do levantamento militar. A realización desta obra expositiva pretende recuperar as vivencias das persoas que viviron os tráxicos sucesos do levantamento fascista e reflexionar sobre as consecuencias que tiveron para elas e o conxunto da nosa sociedade a sistematoloxía represiva implementada no noso pais, onde a nosa lingua foi, tamén, un obxectivo dese accionar represivo.
A construción narrativa do noso traballo expositivo, tanto no aspecto textual, gráfico e audiovisual, está baseado en pequenos relatos de historias de vida de persoas que padeceron ao longo destes dilatados anos da ditadura, a represión lingüística, psicolóxica, social e incluso económica, derivada desta perversa e obsesiva práctica represiva.
A participación de investigadores e estudosos engade o rigor científico necesario para afondar noutros aspectos desta represión lingüística que proxecta a súa longa sombra até os nosos días.


3 comentarios:

Darabuc dixo...

Luego dicen que hay que pasar página, olvidarse del pasado, no remover... Pero lo primero es mirar, conocer a fondo, denunciar en público, llorar lo suficiente, aprender como para no repetir jamás... No basta con "pasar página" como si no hubiera ocurrido nada. No es hora de venganzas, pero sí de conocer la realidad lo más exacta posible de las cosas.

Un abraço

Ronsel dixo...

Si, máis tendo en conta a nosa falta de "memoria histórica" en todas as ocasións. Saúdos e grazas pola visita

Ronsel dixo...

Si, máis tendo en conta a nosa falta de "memoria histórica" en todas as ocasións. Saúdos e grazas pola visita

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.