Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

10/05/09

Presentación do Dicionario de Escritores de Deza

Aínda que non debía ser eu quen escribise disto, por motivos evidentes, e por non estar Anxo para estes labores, tentarei ser o máis obxectiva posible para falar de algo que, claro está, me atinxe demasiado directamente. Sei que estades agardando pola crónica, pero realizala asepticamente vai ser un traballo arduo.
Este venres, día 8, celebrouse o acto de presentación do recén editado "Dicionario de Escritores de Deza", da miña autoría. Creo que non me equivoco se a palabra que utilizo para definilo é "emotividade". Emotivo pola cantidade de xente que me arroupou, emotivo pol@s amig@s que alí se deron cita (ata plambeir@s!!!), emotivo pola presenza de Anxo a pesar de todo, emotivo polos meus pais, tan maiorciños eles, emotivo polas palabras de Mario, emotivo polo alumnado e ex-alumnado, emotivo pola música... Ao final, as bágoas agochadas fixeron acto de presenza, non podían faltar, convidadas de pedra. Quizais demasiado emotividade para a presentación dun libro, non si?
Tres partes tiña en mente cando abordei o meu "discurso": agradecemento, o proceso de elaboración do libro, e a lectura. Sabía, ademais, que pretendía que este día fose totalmente diferente, de aí a presenza de Diego Rojo co seu laúde, e a sorpresa pactada con Celsiño para que viñese a contarnos un conto. E nestes dous puntos creo que acertamos sen discusión: Diego puxo un signo de distinción coa súa música e Celsiño uns risos máis que necesarios para limpar as bágoas dos meus pais. Teño que destacar un momento: a aperta da miña nai no medio do acto; o meu amigo Marcos comentoume despois que se emocionara tanto que lle daba vergoña que lle visen as bágoas, pero puido comprobar que non era o único.
Gustaríame destacar, por suposto, as palabras do meu benquerido prologuista Mario Pereira. Abraioume na presentación, porque non só falou do libro, senón que asegurou humildemente que a súa presenza debíase tan só ao meu cariño, un cariño fundado no noso común amor polos libros, pola lectura, polas bibliotecas escolares. Falou de escritos futuros, e ata nomeou este blogue compartido con amor con Anxo. Un luxo telo ao meu carón.
Grazas a tod@s por compartir comigo este día tan especial. Algúns dende a distancia, incluso.



PD: Hoxe meu pai asegurou que había anos que non se emocionaba tanto. Só por isto pagou a pena, verdade?


17 comentarios:

olga dixo...

Canto sinto non ter compartido contigo tanta fermosura, pero non se pode estar a todas!.
Alégrame no corazón que te sentises querida, valorada, estimada... a través do teu traballo e envíoche un bico quentiño desde o atlántico.

neves dixo...

Con permiso:

Doume conta do teu sentir, aquelas bágoas...
De certo que "a pesares dos pesares" estaría humildemente na última fila desa sala.
Vaia un recordo aos teus pais!
Tamén aloumiños para ti.

zong dixo...

Mesmo as fotos desprenden emoción... algo tes para envolver todo de humanidade. Por certo.... estabas ben guapiña.... Bkñs

Ronsel dixo...

Moitísimas grazas por todo.
Olga, creo que Loly traía un anaquiño de ti nunha caixiña ben pechada para que non foses quen de fuxir...

Ronsel dixo...

Pepa, que emoción, creo que é a primeira vez que oímos a túa voz por aquí. Ti tamén estabas co teu cariño. Moitas grazas

Beni dixo...

Estamos aí dende o principio, e aí seguiremos. Dasnos moita forza a todos.

Ronsel dixo...

Neves, moitas grazas. Ás veces, a ausencia é tamén presenza. Isto tamén é importante.

Ronsel dixo...

Forza dáa xente coma ti, Beni, coa túa forza e o teu sorriso. Grazas por vir dende tan lonxe

Anónimo dixo...

Envexa me da non ter estado. Chámame moito a atención ver a Mari cunha copa de auga na man. Parabéns

Anxinho dixo...

A pesares de todo o que me aconteceu nos últimos días, eu tiña que estar ao teu carón, queridísima compañeira.
Foi, é e será un pracer para min compartir momentos coma este contigo.
Un bico enorme

Cristina Ares dixo...

Non tes porque dar as grazas!!
Foi un pracer poder asistir á presentación. E dende logo non te equivocas cando o defines como emotividade, porque a presentación estivo che de distintas emocións.

Grazas a ti.




Unha aperta.

Patricia dixo...

A verdade que foi un acto ben bonito! Pasamos das bágoas emocionadas ás risadas incontrolables polos contos de Celsiño.
Noraboa por este libro, e que sigas escribindo moitos mais.
Un bico!

bolbor dixo...

Ben o sabía eu que habías chorar... seguro que foi un regueiro de bágoas. Aínda que para máis bágoas e mágoas as que eu me tiven que tragar na sentida ausencia das viandas e néctares que alí se serviron... si, si, cando todos dicían iso de "E agora... ao que viñemos!!!"
Ademais disto, coñecer ao pai da autora debe ser a hostia... creo que a filla lle imita en irreverencia, cousa que me encanta (nos outros, claro).

Gárdome os parabéns ata que pagues un pinchos. De momento, moitos pararregulares...

Paramio dixo...

ESto de poder ver y leer la presentación de tu libro, tu tercer niño, on line está genial, aunque echo de menos el calor humano, las emociones que suscitan las palabras, el abrazo de tu madre, las lágrimas de tu padre, el humor escéptico de Mario, las admiración de tus alumnos, la inesperada presencia de un "anxo"..., en fin, que siento no haber estado allí.
¡Disfrútalo mucho, pero que mucho tiempo! Y ya sabes, ahora a por la parejita.
¡Ah! y la cita de Don Àngel, impagable.
Bicos

Anónimo dixo...

Gracia noraboa, sitno non ter estado alí, pero está claro que estiveche ben arroupada e rodeada de amigos. A crónica é marabillosa e non me estraña nada que te emocionases (é o que ten ter sangue nas veas) porque ata eu me emocionei lendo e vendo a reportaxe.
Bicos e agarimos dende Arzúa

Montse dixo...

Gracia, ya ves que a pesar de estar conectada a vuestro blog y de que intento disfrutar de todos vuestros posts, a veces las circunstancias no permiten reposar el debido tiempo en cada "estación" y me pierdo acontecimientos importantes.

Felicidades por el Dicionario, felicidades por saber gozar de tu tiempo.

Eva Aller dixo...

Sí, yo también creo que cada vez eres más nenita, Gracia!jaj Sabes que es broma...Estuvo muy bien la presentación, si hasta había gente de pie y todo!! Y bueno, que quieres que te diga..si en ese día decidió acompañarte tanta gente, será por algo! Enhorabuena por el libro, que si no me engaño aún no te lo había dicho! 1besiñO jrande, jrande!:)

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.