Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

23/05/09

Galego a lambetadas

Encantoume esta imaxe que descubrín graza ao Planeta de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística. Estaba neste blogue. Non me digades que non é fermoso!:



Non podía deixar de traela hoxe aquí porque onte lembreime dela repetidamente. Tiven que asistir a un acto relixioso nun colexio privado de Vigo: o panorama resultoume desolador. Non só pola hipocresía do ambiente, senón porque non fun quen de escoitar unha soa palabra na nosa lingua. O dito do "polbo nun garaxe": así estaba eu. Supoño que isto é a Galicia bilingüe que temos, sen necesidade de preconizala. O "máis granado" da cidade se daba alí cita, maxino, dando boa conta de traxes e lingua española. Lembrei tamén (o acto prolongouse unha boa hora) aquela invitación que nos fixeran desde a editorial Galaxia hai uns anos, no verán, a uns cantos profesores para falarmos de libros de texto, lectura e lingua; alí, despois de escoitar a outro profesorado das cidades, asegurei vivir nun oasis lingüístico. Agora dou fé unha vez máis. Lingüístico e emocional.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Fermoso. E que ben soa!

Anónimo dixo...

O "nacionalcatolicismo" aínda perdura no máis rancio da nosa sociedade. Unha vez máis seguindo as directrices de Madrid con tal de destruir os alicerces de calquer forma de naicionalismo ou galeguismo e sempre a través da canle dos coles privados afíns.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.