Recollo de No sólo libros estes dez pasos para converterse en bo lector.
1.- Escolla unha data para comezar a ler e respéctea.
2.- Evite comezar por libros considerados de pouca calidade, pode que o título despois lle decepcione por non reflectir a realidade e pode destruír a mellor das intencións.
3.- Líbrese de todos os móbiles, playstation, dvd's e afíns que teña preto.
4.- Despois de comezar a ler non pode parar sen, polo menos, chegar ao remate do primeiro capítulo; deixalo no medio aumenta considerablemente o risco de desistir antes mesmo de ter comezado.
5.- Para automotivarse, pense moitas veces en todos os beneficios da lectura.
6.- Pida ás persoas que están ao seu arredor que non bocexen nin se deiten no sofá a ver os programas de televisión que pasan en prime time.
7.- Pida axuda a un profesional -pode ser un libreiro, un editor, un profesor...- ou participe en fórums e blogues da especialidade. Estas comunidades de lectores axudarano a integrarse máis facilmente na súa nova realidade.
8.- Cambie de hábitos para evitar locais onde poida convivir con persoas completamente desinteresadas.
9.- Non faga pausas demasiado longas e compleménteas coa lectura dun xornal, revista, de banda deseñada ou dunha historia infantil.
10.- Parabéns. Se chegou ata aquí é porque xa é un bo lector. Mentres, evite os entusiasmos esaxerados, como, por exemplo, pasar a considerarse un intelectual.

2 comentarios:
Unha razón coma calquera outra para pasarme por aquí e deixarche un sáudiño ben cariñoso. Hai tempo que non o facía. Así andamos, sempre ás carreiras!!!
Gústame moito este decálogo, e sobre todo o último, pois é boa verdade que non todos os lectores son listos e non todos os non lectores son tontos.
Bicos
Publicar un comentario