Nova recollida de Galicia Confidencial:
Mentres en Galicia o PP aposta por que sexan os pais quen elixa a lingua dos seus fillos, na autonomía veciña o PP presentou unha iniciativa no Parlamento do Principado para que o asturiano sexa unha materia obligatoria nas escolas desta comunidade a partir do vindeiro ano…
Os populares piden, ademais, a creación específica dun título de profesor de asturiano, que ata agora é inexistente. Unha medida que debería ser aprobada polo Ministerio de Educación para dotar a materia de profesorado e convocar oposicións. Segundo o PSOE, que, en principio, rexeita a medida, suporía darlle un rango de lingua “cooficial” e, polo tanto, deberíase protexerse e difundir o seu uso. IU asegura que a iniciativa recolle os seus principios programáticos para “dignificar a lingua” pero critica o “electoralismo” e a “doble moral” dos populares.
Sen comentarios
Publicar un comentario