Os directores dos colexios da comarca de Ferrolterra asinan este documento:
Os/as abaixo asinantes, membros dos equipos directivos dos centros educativos que se mencionan, estudadas as Instruccións recibidas para a realización dunha enquisa ás familias sobre a utilización das linguas no ensino non universitario de
Galicia nas que se establece que a dirección do centro é responsable do proceso e a fin de resolver as posibles implicacións xurídicas da participación neste proceso,
EXPOÑEN:
3. No impreso que se lle ha de entregar aos alumnos para que os pais ou eles mesmos o cumprimenten infórmase do seu carácter segredo e voluntario, mais non se facilita ningún tipo de información (tal como esixe o artigo 5 da LOPD) de que se vai facer un tratamento dos datos de carácter persoal dos alumnos ou dos seus proxenitores, tratamento que, de acordo coa folla de instruccións para os directores dos centros mencionada, vai efectuarse, xa que estes están obrigados pola Consellaría a indicar que alumnos e alumnas participaron e cales non.
5. A Lei Orgánica de Protección de Datos regula como infracción grave a utilización de datos para finalidades distintas da prevista na creación do ficheiro –principio de calidade dos datos do art.4 LOPD-. A finalidade do ficheiro de onde proceden os datos –xestión académica- é distinta da finalidade da consulta, que segundo a información dirixida os pais é “a obtención de resultados que serán tidos en conta á hora de deseñar as futuras políticas lingüísticas no ámbito da educación non universitaria de Galicia”
6. O mandato de crear un ficheiro cos datos dos alumnos e alumnas participantes na consulta, ordenados por cursos e centros escolares, e tendo en conta que a finalidade desta recollida de datos non é “a xestión dos datos académicos dos alumnos debe seguir un procedemento de creación formal mediante a publicación dunha disposición de carácter xeral, en boletín oficial, como esixe o artigo 20 da LOPD. A omisión desta decisión constituiría, tamén, unha situación de infracción grave, de acordo co artigo 44.3.a) da LOPD.
7. De acordo co artigo 44.2.d) da LOPD son infraccións leves “proceder á recollida de datos de carácter persoal dos propios afectados sen proporcionarlles a información que sinala o artigo 5 da presente Lei.”
8. Mediante un correo electrónico sen indicación do remitente nin sinatura de titular dun órgano da Consellaría de Educación recíbese nas direccións dos centros unha instrucción que establece:
“Aproveito para lembrarlle que a Dirección do centro é a responsable do
normal desenvolvemento do proceso de realización da consulta e en
consecuencia deberá prohibir todas as accións ou actos, tanto a favor como
en contra do mesmo, mantendo informada en todo momento á Inspección
Educativa”.
9. O artigo 87.e) do Regulamento orgánico dos IES atribúe aos coordinadores das equipas de normalización lingüística, entre outras, a función de: "Proporcionarlles aos membros da comunidade educativa información sobre as actividades do equipo e de todos aqueles actos e institucións culturais relacionados coa cultura galega".
10. Considerando que os membros da comunidade educativa (pais e nais, profesorado) poden adoptar medidas legais contra os equipos directivos por violación do dereito fundamental á liberdade de expresión e, no caso, de informacións remitidas por organizacións sindicais, contra a liberdade sindical.
11. Tendo en conta que non se establecen disposicións en canto á forma de desprazamento da dirección dos centros para a entrega persoal das enquisas, nin se adoptan previsións en canto ao custe dese traslado.
SOLICITAMOS:
- Notificación por escrito con indicación do órgano administrativo que adopta a decisión, sinatura, data e os recursos que caben fronte a esa decisión das instruccións que poidan desencadear a esixencia de responsabilidade por parte dos equipos directivos por introducir restriccións a dereitos fundamentais.
- Informe xurídico sobre a legalidade do procedemento de tratamento de datos de carácter persoal e da creación do ficheiro correspondente conforme á normativa de protección de datos.
- Instruccións por escrito asinadas polo órgano competente en canto ao medio de transporte que vai proporcionar a Administración para o traslado ás Delegacións territoriais das enquisas.
Sen comentarios
Publicar un comentario