Novamente, traemos o texto dende Mesturas:
- O 82% das linguas en perigo están asociadas a territorios baixo o mesmo goberno o que as fai tremendamente vulnerables, por depender exclusivamente das súas decisións políticas nun momento determinado.
- Non temos unha idea aproximada das consecuencias desta desaparición masiva de linguas á que vimos facendo referencia ultimamente (moitos lingüistas cren que chegamos a un punto no que a maioría das linguas existentes hoxe en día poden desaparecer en 2 xeracións).
- As tendencias globalizadoras tenden a minar a confianza na utilidade que os falantes perciben ante a necesidade de aprender correctamente unha lingua minoritaria. Para que me serve falar X? Para que lles servirá aos meus fill@s?
- Existe a crenza xeral e totalmente infundada de que unha redución drástica do número de linguas é útil porque facilitará a comunicación, ata tenderá pontes entre as nacións. Parece ser máis certo que toda simplificación excesiva pode ser problemática porque o éxito da humanidade debeuse a precisamente á súa capacidade de crear culturas diferentes adaptadas a diferentes condicións e circunstancias. Esas culturas, cos seus múltiples e sutís matices transmítense mediante linguas e cando unha se perde, pérdese unha fonte de información preciosa e única , unha forma de interactuar irrepetible.
Sen comentarios
Publicar un comentario