Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

13/06/09

Contra a Censura da música galega

Xa se pode asinar o 'Manifesto contra a censura e a marxinación da música galega' en KOMUNICANDO.NET, reivindicando que se restableza na radio pública un programa diario que dea conta das novidades musicais editadas en galego.

"Artigo 16 da lei 9/1984 da RTVG: A programación debe de estar inspirada na promoción e difusión da cultura e lingua galega".

Lembrando a obriga legal que os medios públicos de Galicia teñen "na promoción e difusión da cultura e lingua galega", o manifesto denuncia a "eliminación da música galega do programa Aberto por Reformas" e a "deformación e perversión dos seus contidos" e conclúe demandando "que se restableza un programa diario que dea conta dos traballos musicais editados en galego e que conte cos seus protagonistas" e así mesmo "que a nova programación non elimine contidos culturais propios en todas as súas variantes: música, cine, libros e arte en xeral".

Aquí podes ler e asinar o MANIFESTO BÁSICO POLA DEFENSA DA RTVG. Contra a censura e a marxinación da música galega


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.