Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

13/06/09

Datos económicos da enquisa

En plena crise, estes son os gastos que supón realizar unha enquisa ilegal:

A Consellería de Educación acaba de poñer en marcha unha campaña de publicidade en todos os xornais galegos para animar aos pais a participar na enquisa sobre a elección do idioma no ensino. Unha campaña que pode custar entre 60.000 e 80.000 euros por día…
Educación contratou unha páxina, principalmente en lado par (máis caro), e en seccións importantes de todos os grandes xornais galegos, desde La Voz de Galicia ata a edición galega de El País. Precisamente, a publicidade nestes dous medios é das máis caras de toda Galicia e unha páxina pode chegar a custar 12.000 euros. Con texto bilingüe, como o da propia consulta, a Xunta chama aos pais para que participen e elixan a lingua de educación dos seus fillos.

Publicado aquí

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.