A Consellería de Educación está xa a traballar no novo decreto de linguas para o ensino non universitario. A intención do Goberno é regulamentar a lingua de catro materias e deixar “libre elección” para as restantes. Ciencias Sociais e Lingua serían impartidas en galego mentres que as aulas de Matemáticas e Lingua Castelá desenvolveríanse en castelán. A lingua vehicular do resto das materias vaina decidir o consello escolar de cada centro de ensino por votación. O Goberno ten previsto informar destas liñas mestras do decreto a sindicatos e partidos políticos nas vindeiras semanas.
Mentres, a Xunta xa ten preparado un cuestionario para enviarlles aos pais de 330.000 alumnos. Mediante esta sondaxe, a Consellería de Educación quere ter unha base de datos coas preferencias para saber deste xeito cal vai ser o escenario que van atopar para a aplicación do novo decreto. O executivo mantén a intención de que a nova normativa entre en vigor no curso 2010/2011. En principio, a segregación de alumnos queda descartada no borrador que se está a redactar. A enquisa que se lles fai aos pais é meramente “consultiva” xa que a decisión última adoptaríana os centros educativos.
Vantaxe para o castelán?
Poucos dubidan de que, se se lle deixa a “libre elección” curricular aos centros, o castelán vaia ser a lingua maioritaria nas aulas. A este respecto, hai que ter en conta que, ademais dos centros públicos, un número notábel de rapaces cursan os seus estudos en colexios concertados. Unha proba disto é que nas sete principais cidades do país o número de alumnos en colexios concertados supera lixeiramente ao das escolas de titularidade pública.
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
02/06/09
Matemáticas en castelán
Primeiro borrador do decreto
Educación pretende que os consellos escolares de cada centro escollan en votación a lingua vehicular da maior parte das materias.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
3 comentarios:
imos bos!!!
É unha situación absurda, de pena.
Terei que ir practicando: dos por dos son cuatro, cuatro por cuatro dieciseis...
Concho!
Pois si que é máis doado. Aprobarán todos!!
por fin!!
Publicar un comentario