Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

08/06/09

Retos matemáticos... e non tanto (XXIII)

Tras un par de meses de ausencia e ante a petición popular, velaquí están os retos de novo. Despois non me digades que vos despistei durante a época de exames...



Reto 1.- Un gran oso, e moi fero, con ganas de camiñar, botou a andar desde a súa gorida cara ao sur e cando levaba 5 quilómetros cambiou de dirección cara ao este. Pero cando levaba percorridos outros 5 quilómetros, volveu a cambiar de dirección e dirixiuse, ao longo doutros 5 quilómetros cara ao norte. Nese momento sentiuse sorprendido porque se atopaba na gorida desde onde empezara a camiñar. De que cor era o gran e moi fero oso?
Reto 2.- Un coche vai por unha estrada a velocidade constante. Nun momento dado pasa por diante dun poste quilométrico que ten un número de dúas cifras. Ao cabo dunha hora pasa por diante doutro poste que, curiosamente, ten as mesmas dúas cifras pero en orde inverso. A súa sorpresa é enorme cando ao cabo doutra hora pasa por outro poste que leva as mesmas cifras separadas por un cero. A que velocidade vai o coche?



Reto 3.- Temos catro mistos formando unha cruz.
Eres capaz de, movendo só un misto, transformar a cruz nun cadrado?

5 comentarios:

La secre dixo...

Creo que sei o primeiro,xa o escoitei algunha vez unha versión parecida.O oso e de cor branca,no polo sur solo ai oso brancos non?

bolbor dixo...

Jijiji!! un cadrado de dous...
Saúdos.

sil dixo...

anxo, no último fuches un pouco cabroncete...

Marcos dixo...

Reto 2.-
Dado que os dous primeiros postes que pasou eran de dúas cifras, non podía ir a máis de 100 km/h, xa que foi nun intervalo dunha hora.
Por esta razón e porque o terceiro poste era xa de tres cifras, temos que descartar que o último tivese un número maior que 200, porque 200-99=101. Así que o primeiro poste non pode ter un número máis alá do 19 e tampouco máis pequeno de 12, xa que a serie con 10 sería 10,01,100 e con 11, 11,11,101 e vemos que o segundo poste sería un dato irreal.
Agora quedaríannos do 12 ao 19, e tendo un pouco de ollo, xa se ve que series como a de 13, 14, 18 ou 19 non poden ser porque dan números moi próximos(13,31;91,109), así que pódense reducir máis aínda as posibilidades.
A continuación o que fixen foi o seguinte:
Como entre os postes ten que haber a mesma distancia, xa que viaxa a v=cte, a suma dos tres dividido logo por tres, ten que dar o do medio.
Así, dame que 16+61+106=183 e 183/3=61, polo que esta é a sucesión correcta e viaxaba a 45 km/h.

Anxinho dixo...

vale, vale...

parece que a cpousa non vai mal...

aínda que iso de chamarme cabroncete...
pois non sei moi ben por que!! (bolbor, non rías tanto...)

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.