Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

08/06/09

Marcas de nacimiento


Dolorosamente fermoso, sensiblemente emocionante. Como definir este marabilloso libro, Marcas de nacimiento de Nancy Huston? Porque esta lectura que me estremeceu estes días, que me tivo atrapada nas súas derradeiras cen páxinas, é un libro conmovedor que atinxe case de crequenas ao holocausto nazi e que nos leva por catro xeracións diferentes e unidas por un nexo común que entenderemos ao pechalo. Unha viaxe cara ao pasado, pois as catros xeracións son contadas de diante para atrás, catro nenos de 6 anos con vivencias totalmente diferentes -que irán perdendo a candidez propia da infancia a medida que avanzamos de xeración- que os marcarán de por vida, cunha trama complexa que analiza ademais a sociedade destas catro épocas diferentes con algunha guerra sempre presente (e Estados Unidos nela). O mérito está en que son os nenos os que contan a súa historia, a súa maneira, a xeito de diálogo, a xeito de reflexión, a xeito de soño, a xeito de desesperación, a xeito de intolerancia, a xeito de tristura... é unha novela triste, certamente, cuxa lectura non nos deixará indiferentes.
Máis que recomendábel.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.