Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

07/07/09

En papel



Aínda que digamos que isto é un traballo de chineses, é realmente traballo dun xaponés, estudante de arte chamado Wataru Itou. Nada menos que catro anos tardou en construír este inmenso castelo de papel que podedes -se ides- ver en Tokio na exposición “A Castle On The Ocean”.
E se non podedes achegarvos alá, mirade estas fotos, coma min, e alucinade.




Vía Islas Cíes

4 comentarios:

Anónimo dixo...

parece que hai xente que non ten que facer, non? Pero son manitas, desde logo.

Cristina Ares dixo...

Unhas imaxes fantásticas!

Un bico.

Ronsel dixo...

Cristina, andabas por aquí, que ben! Alédame saber que nos lembras. Un bico para ti tamén.

Cristina Ares dixo...

Claro que me lembro de vós, xa había tempo que non vos facia unha visita porque estiben sen internet... :(

Outro bico!

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.