Se nun libro me ofrecen un cómic de Fred Vargas, é inevitable que caia nas miñas mans. Los cuatro ríos é a conversión do comisario creado por esta autora, Adamsberg, a un mundo novo do que sae ben parada grazas ao ilustrador Edmond Baudoin, quen complementa as palabras da escritora con trazos grosos case inacabados, en branco e negro, para non intervir demasiado na historia. E así obtemos un cómic onde hai moitos diálogos fóra das viñetas, unha novela gráfica que se basea na linguaxe coloquial mesturada con ironía e sensibilidade para ir deixando nus a uns personaxes, ás veces histriónicos, que enganchan ata o final.
Un bo exemplo de converxencia entre novela e cómic esta novela gráfica e un bo exemplo de convivencia de ambos mundos que situaremos entre as mellores páxinas de literatura negra. Pero, ollo!, non vaiades en busca dun cómic "dos de sempre": é sumamente esquemático e hai de todo un pouco: páxinas en viñetas clásicas, páxinas sen apenas debuxo, páxinas nas que hai viñeta e letra fóra desta...
.
3 comentarios:
Mira onde estou eu aínda.
Encantoume!!!
Mira onde ando eu.
Encantoume!!!
Non sabía que o ías ler. Alégrome que che gustase. É especial, verdade?
Publicar un comentario