Tardei en ler este agasallo dunha boa amiga para tentar degustalo como un exquis
ito manxar na placidez estival: Pollo con ciruelas da famosa Marjane Satrapi. E así foi, aínda que teño que recoñecer que creo que lle falta un punto de cocción, sendo delicioso.
A obra conta a historia de Nasser Ali Kha, músico de tar, que toma a decisión de entregarse lentamente á morte; con saltos temporais, enriquécese a historia coa súa vida anterior. E así entendemos o por que do desexo de morrer, relatado con tenrura e simbolismo. Lese con avidez, sen querer deixalo aínda que se saiba o tráxico desenlace.
Por suposto, a acción desenvólvese en Irán, país de orixe da autora.
Os debuxos son esquemáticos pero cheos de expresividade, en branco e negro total, sen ningunha outra tonalidade. A autora semella non querer facer ningún tipo de concesión á cor. De aí tamén parte da riqueza.
Unha lectura moi interesante e recomendable que, porén, permanece distante de Persépolis.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiuEXjdzKUOUrTlHA5efd_Co42zRgRXeCLkDfjtHso9tFOFdwSNkb6VbVGBqELhaz5rhd_CU2RGl4bm9TVhWPiv8U2kzCoO3Z3_GeLlklyi95KermqkUidbbJDIKtETEJruYGA7RPDq0g/s400/pollociruel.jpg)
A obra conta a historia de Nasser Ali Kha, músico de tar, que toma a decisión de entregarse lentamente á morte; con saltos temporais, enriquécese a historia coa súa vida anterior. E así entendemos o por que do desexo de morrer, relatado con tenrura e simbolismo. Lese con avidez, sen querer deixalo aínda que se saiba o tráxico desenlace.
Por suposto, a acción desenvólvese en Irán, país de orixe da autora.
Os debuxos son esquemáticos pero cheos de expresividade, en branco e negro total, sen ningunha outra tonalidade. A autora semella non querer facer ningún tipo de concesión á cor. De aí tamén parte da riqueza.
Unha lectura moi interesante e recomendable que, porén, permanece distante de Persépolis.
Sen comentarios
Publicar un comentario