Chámase Umoja, que significa unidade en swahili, e está situada ao norte de Kenia, preto da reserva nacional de Samburu. Converteuse nun símbolo da unidade feminina e da posibilidade das mulleres de loitar polos seus dereitos.
Fundada hai catorce anos por Rebecca Lolosoli, quen reuniu un grupo de mulleres da súa etnia, todas elas violadas por soldados e repudiadas polos seus maridos e marxinadas dos seus grupos sociais. Decidiron que alí non entraría ningún home e que elas, ademais de traballar, tomarían as decisións. O experimento foi todo un éxito, mesmo no económico: as mulleres de Umoja organizaron un campamento para albergar turistas, un centro cultural onde exhiben as súas danzas e cantos e unha tenda onde venden os produtos de artesanía que elas mesmas crean. Cos seus ingresos foron quen de enviar aos seus fillos e fillas por primeira vez ao colexio.
Os homes, descontentos ou envexosos, decidiron demostrar a súa superioridade e fundaron unha aldea preto, pero o seu proxecto non funcionou: faltoulles a forza e a coraxe que elas demostraran e posuían.
No ano 2005, Lolosoli foi invitada a participar nunha conferencia da ONU sobre asertividade de xénero. O xefe da aldea masculina aseverou: "o home é a cabeza. A muller o pescozo. Un home non pode recibir consello do seu pescozo..."
En Umoja viven 40 mulleres cos seus fillos. Mulleres valentes e autónomas, cansas de sufrir vexacións polo simple feito de seren mulleres (apaleadas, violadas, obrigadas a casar noviñas...)
Os dereitos das mulleres son considerados agora en Kenia un problema social urxente a resolver.
Será que ás veces vólvenos a esperanza?
A súa web.
Máis información.

Sen comentarios
Publicar un comentario