Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

11/09/09

Buscando pedagogo

Non sei se sabedes que hai poucos profesionais competentes. Polo menos, iso é o que pensa a nosa benquerida señora Lago, quen organizou unhas xornadas "bilingües". Segundo as súas propias palabras, nestas xornadas non hai quen lles leve a contraria, porque "non existen pedagogos serios", cando menos eles non o atoparon. Ou non atoparon un que lles dese a razón. que pode ser outra posibilidade remota. Estamos realmente preocupad@s.
Tes aquí a lamentable noticia da pouca profesionalidade existente nesta nosa terra.



Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.