Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

11/09/09

Declaración en defensa do galego en Vigo

Pepe Carreiro, debuxante e exitoso autor dos Bolechas que estivo este curso connosco, deu lectura esta mañá a unha “Declaración en defensa do galego na cidade de Vigo” na cal se lamenta que “determinados grupos sociais comezasen na nosa cidade unha ofensiva crecente contra a lingua galega”. Así mesmo, instan aos poderes públicos a “cumpriren co mandato estatutario de promocionaren o noso idioma propio, histórico e natural” e reclámanlles ao PP que “non rompa unilateralmente os consensos construídos entre todas e todos".

Podedes ler aquí o texto.

1 comentario:

Anónimo dixo...

Xa temos que comenzar tamén a esixirlle a xente coma Suso de Toro que deixe de publicar máis artigos na seción do país de Galicia en español. E ao "País" non penso mercarlle un so exemplar mentres non edite en galego a devandita seción.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.