Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

25/09/09

Cantas pingas na cidade!

Este fermoso álbum ilustrado de Eva Montanari, traducido por Antón Fortes e publicado por OQO, achéganos a esas pingas de choiva curiosa que queren saber que ocorre na cidade e de paso descubrir unha serie de personaxes que son alcanzados por estas, tan curiosos como delicados, impregnados dunha rotunda forma poética. Claro que estes personaxes non reciben as pingas de bo grao! E estas, anteriores á descarga da choiva máis intensa, deben volver á súa casa ata que a impaciencia faga que de novo baixen onda nós, porque son moi curiosas e todo o queren saber. Unhas pingas que nos servirán mesmo para aprender a contar... ata dez!
As ilustracións da mesma autora son marabillosas, esculturas e non debuxos que ocupan a dobre páxina que abren doutro xeito porque o mundo que se describe é vertical.
Un libro máis para recrear a vista.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.