Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

08/09/09

Contrarreloj

Xa vos falei noutra ocasión deste autor, Eugenio Fuentes. Por iso, cando o outro día me atopei sen libros que ler nunha situación "complicada", acertei a comprar este o seu último libro, Contrarreloj. E non me defraudou, posto que a obra é amena, sinxela -non sei se previsible, eu souben quen era o asasino, pero non sei se iso é relevante-. Unha novela que ten como peculiaridade a non existencia de capítulos, senón de "etapas", posto que se desevolve nun Tour francés (maxinario: non existen os corredores nin os equipos; si son reais os lugares polos que pasa), onde segundo propia definición "no gana el más rápido, sino el que aguante mejor el sufrimiento". Como eu non entendo moito deste deporte, pareceume interesante o que alí nos ensinaban, aínda que quizais non sexa moi rigorosa. Si destaca o que tod@s sabiamos: que é un deporte case de superhomes.
Así que se vos gusta a novela negra, o libro atraparavos. Pero se vos gusta tamén o deporte, o ciclismo sobre todo, o libro emocionaravos.

Quizás era cierto lo que ella había dicho, que el ciclismo es un deporte para gente solitaria y silenciosa que recorre grandes distancias sin hablar con nadie, rumienado pensamientos mientras sudan por los arcenes de las carreteras.

El ciclismo le gustaba tanto porque era el deporte más alejado del fanatismo y la violencia. (...) Y apreciaba los nobles detalles de la tradición: el dinero que ganaba cada corredor en la carrera se guardaba en una bolsa común que, al terminar la prueba, se dividía en diez partes iguales: una para cada uno de los nueve ciclistas del equipo, al margen de su rendimiento, y la décima para repartirla entre los mecánicos y los auxiliares.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.