Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

08/09/09

A SIDA: asasina de masas


A ONG alemá Regenbogen lémbranos dos perigos da Sida identificando a tres personaxes históricos, Hitler, Stalin e Sadam Hussein, co virus que provoca a enfermidade. A organización dispón de carteis, cuña radiofónica, vídeos e información na súa web sobre a enfermidade. Aseguran que hai un desinterese sobre o tema que provca unha tendencia cada vez maior a realizar o acto sexual sen protección: "Nos últimos anos, o interese público pola Sida diminuíu de xeito masivo. Porén, o número de vítimas apenas descendeu. Até o momento, morreron máis de 28 millón de persoas en todo o mundo. E cada día morren 5000 máis. Por iso, a Sida é unha das maiores asasinas de masas da historia.





Vía Mangas Verdes


2 comentarios:

Anónimo dixo...

impresionante

vicky dixo...

eu creo que conseguiron o que quixeron que foi unha difusion grandísima do video pero non me acaba de convencer esta campaña........

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.